Small Faces

Small Faces
A banda en 1968
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1965 - 1969
1975 - 1978
Xénero(s)rock, R&B, beat, música psicodélica
Selo(s) discográfico(s)Decca, RCA Victor, Immediate, Atlantic
MembrosKenney Jones
Ronnie Lane
Steve Marriott
Jimmy Winston
Ian McLagan
Rick Wills
Jimmy McCulloch
Na rede
thesmallfaces.com
Facebook: SmallFacesOfficial Spotify: 1YqGsKpdixxSVgpfaL2AEQ Last fm: Small+Faces Musicbrainz: 7771a68c-ef6a-400f-978d-64050d45a54c Songkick: 210193 Discogs: 152682 Allmusic: mn0000423267 Deezer: 66991 Editar o valor em Wikidata

Small Faces foi unha banda inglesa de rock fundada en 1965 en East London e fortemente influenciada polo rhythm and blues estadounidense. Orixinalmente o grupo estaba formado por Steve Marriott, Ronnie Lane, Kenney Jones e Jimmy Winston, substituíndo Ian McLagan a Winston como teclista en 1966.[1] A banda foi un dos grupos mod máis aclamados e influíntes dos anos 60,[2][3] gravando exitosas cancións como "Itchycoo Park", "Lazy Sunday", "All or Nothing" e "Tin Soldier", así como o seu disco conceptual Ogdens' Nut Gone Flake. Small Faces converteuse nunha das bandas psicodélicas máis exitosas do Reino Unido antes de separarse en 1969.[4][5]

Cando Marriott marchou para formar Humble Pie, os outros tres membros colaboraron con Ronnie Wood, o seu irmáns maior Art Wood, Rod Stewart e Kim Gardner, continuando brevemente co nome Quiet Melon, e posteriormente, tras a marcha de Art Wood e Gardner, como Faces.[6][7] En América do Norte, o disco de estrea de Faces foi acreditado a Small Faces.

Tras a ruptura de Faces e Humble Pie en 1975, reformouse a formación clásica de Small Faces (formada por Marriott, Lane, McLagan e Jones) despois de que unha reedición de "Itchycoo Park" se convertese nun éxito.[8] Lane marchou pouco despois, e foi substituído por Rick Wills (posteriormente en Foreigner). Esta formación (bautizada como Mk-II por Marriott)[9] gravou o álbum Playmates antes de recrutar a Jimmy McCulloch. Este quinteto publicou só 78 in the Shade antes de separarse.

Small Faces é considerada unha das primeiras inspiracións do posterior movemento Britpop.[10] Foron incluídos no Rock and Roll Hall of Fame en 2012.

  1. "Small Faces Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17. 
  2. "Influential Rock Musicians - The British Invasion". web.archive.org. 2011-02-22. Archived from the original on 22 de febreiro de 2011. Consultado o 2022-11-17. 
  3. "Faces". Rolling Stone. 2012-01-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 2022-11-17. 
  4. "The Small Faces - Interview @ Designer Magazine". designermagazine.tripod.com. Consultado o 2022-11-17. 
  5. Webb, Rob. "BBC - Music - Review of The Small Faces - Ultimate Collection". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-11-17. 
  6. "Faces Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17. 
  7. Handbook of attachment : theory, research, and clinical applications. New York: Guilford Press. 1999. ISBN 978-1-57230-826-8. OCLC 40489212. 
  8. "Small Faces - British Invasion Bands". web.archive.org. 2011-02-14. Archived from the original on 14 de febreiro de 2011. Consultado o 2022-11-17. 
  9. "IanMcLagan.com - The Story of the Small Faces in Their Own Words: Reunions". web.archive.org. 2004-10-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2004. Consultado o 2022-11-17. 
  10. "BBC - 6 Music - Headline". www.bbc.co.uk. Consultado o 2022-11-17. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search